Declaración de accesibilidade

Óscar Piñeiro Pérez comprométese a facer accesible o sitio web https://nasnosasmans.com, de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, e en liña cos criterios de accesibilidade das Pautas WCAG 2.1, nivel AA.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme cos requisitos de accesibilidade recollidos na norma UNE-EN 301549:2022 (requisitos de accesibilidade de produtos e servizos TIC aplicables á contratación pública en Europa), xa que cumpre coa maior parte dos criterios de nivel AA das Pautas WCAG 2.1.

Elementos que non cumpren co criterio:

  • Contraste de cores entre subtítulos no verde corporativo co fondo branco en localizacións moi puntuais da páxina web.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 22 de octubre de 2025.

O método empregado para a súa elaboración foi unha autoavaliación interna, baseada nos criterios das WCAG 2.1 AA e nas ferramentas de validación técnica dispoñibles.

A declaración foi revisada por última vez na mesma data.

Observacións e datos de contacto

Pódense comunicar requisitos de accesibilidade ou incidencias relacionadas con este sitio web a través dos seguintes medios:

  • Correo electrónico: info@nasnosasmans.com
  • Enderezo postal: Estrada de Valadares, 338. 36315 Vigo, Pontevedra

A través destes medios poden presentarse:

  • Queixas sobre posibles incumprimentos dos requisitos de accesibilidade.
  • Solicitudes de información relativa a contidos excluídos do ámbito de aplicación do Real Decreto 1112/2018.
  • Suxestións ou propostas de mellora da accesibilidade do sitio web.

Procedemento de aplicación

Se unha vez presentada unha solicitude de información accesible ou queixa esta fose desestimada, a persoa interesada non estiver de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos establecidos no artigo 12.5 do Real Decreto 1112/2018, poderá iniciar unha reclamación.

A reclamación poderá presentarse ante o Defensor do Pobo ou ante a entidade competente en materia de accesibilidade no ámbito privado.

Contido opcional

Este sitio web:

  • Está deseñado para visualizarse correctamente nos navegadores máis utilizados (Chrome, Firefox, Safari e Edge).
  • Está optimizado para a súa visualización en dispositivos móbiles, tabletas e ordenadores de sobremesa.
  • Foi desenvolvido empregando WordPress, aplicando boas prácticas de accesibilidade en temas e complementos (plugins).
  • Permite a navegación mediante teclado e garante unha correcta relación de contraste de cores, unha estrutura lóxica de encabezados, texto alternativo nas imaxes e compatibilidade con lectores de pantalla.