Mellora do rendemento deportivo en cans e binomios humano-can
Un equipo equilibrado rende mellor
O éxito no deporte canino é a suma de moitos factores, pero o máis importante é a saúde e a coordinación do teu equipo.
O binomio canino-humano é unha sociedade única, e para alcanzar o máximo rendemento é esencial coidar a condición física de ambos os dous compañeiros.
Prevención de lesións en cans deportistas
Se buscamos o máximo rendemento, debemos adestrar todas as cualidades físicas do can, non só as que se traballan directamente na disciplina deportiva practicada.
A clave para previr lesións e potenciar o seu potencial reside en integrar exercicios compensatorios, establecer correctas rutinas de quencemento e arrefriamento, realizar unha boa exploración de forma habitual e incluír estiramentos para manter a flexibilidade e a mobilidade.
Como che axudamos
No noso programa de mellora de rendemento, aplicamos un enfoque integral para optimizar as capacidades do teu can e fortalecer a vosa conexión como equipo:
- Avaliación Holística: Realizamos unha análise completa da fisioloxía e a biomecánica do teu can. Avaliamos a súa marcha, a súa postura e calquera desequilibrio muscular para previr lesións e axustar o adestramento de forma máis eficaz.
- Fisioterapia e Osteopatía Preventiva: as nosas terapias están orientadas a mellorar a flexibilidade, a forza e o rango de movemento do teu can. Axudamos a previr lesións, acelerar a recuperación post-exercicio e asegurar que o corpo do teu atleta estea sempre en condicións óptimas para competir.
- Nutrición para a Alta Competición: unha dieta adaptada é fundamental. Deseñamos plans nutricionais específicos que proporcionan a enerxía necesaria para o esforzo físico, favorecen a recuperación muscular e aseguran que o teu can reciba todos os nutrientes que necesita para estar no seu mellor nivel.
- Fortalecemento do Vínculo: un can fisicamente equilibrado e sen dor é un compañeiro máis feliz, confiado e receptivo. Ao coidar a súa saúde, melloras a vosa comunicación e confianza mutua, elementos clave para a vitoria.
Escríbenos e comeza xa!
Axudámosche a coidar o corpo e a conexión co teu can para que entrenedes e compitades con saúde, confianza e harmonía en cada carreira.