Educación canina moderna e modificación da conduta
Mellor comunicación, mellor convivencia
Estamos convencidos que unha boa educación é a chave para construír unha relación de confianza e respecto cos nosos compañeiros de 4 patas e consideramos que o noso enfoque baseado nas ciencias do comportamento canino e que utiliza unicamente métodos de reforzo positivo é a mellor forma de conseguir unha convivencia feliz e harmoniosa.
Métodos de adestramento baseados no reforzo positivo
Aprende a comunicarte co teu can e mellora o vínculo
No canto de corrixir ou forzar, o noso obxectivo é ensinarche a entender as necesidades e a comunicación do teu can para que poidades aprender xuntos.
A través do xogo e das recompensas, fortalecemos o voso vínculo e promovemos o benestar físico e emocional do teu compañeiro.
Os nosos servizos
Educación Canina
Axudámoste a sentar as bases dunha convivencia sólida dende o primeiro día. O noso traballo céntrase en:
- Aprender a comunicarse eficazmente co teu can.
- Obediencia básica e bos modais.
- Socialización de cachorros e cans adultos.
- Ensinarlles a xestionar emocións en diferentes situacións.
Modificación da conduta
cada comportamento ten unha causa. Traballamos e ofrecemos solucións respectuosas para mellorar a conduta do teu can, sen recorrer a castigos nin forzas. Podemos axudarche con:
- Reactividade ou agresividade cara a outros cans ou persoas.
- Ansiedade por separación e outros medos.
- Problemas de medo ou inseguridade.
- Condutas non desexadas na casa como destrución, ladrido excesivo...
Mellora a convivencia!
Traballamos condutas e emocións con métodos de reforzo positivo, sen castigos, para mellorar o benestar do teu can e a harmonía do fogar