Medicina tradicional chinesa e acupuntura veterinaria
Equilibrio e saúde natural para o teu compañeiro
A Medicina Tradicional Chinesa (MTC) é un enfoque holístico e milenario que busca o equilibrio e a harmonía no corpo.
Lonxe de tratar só os síntomas, a MTC traballa para atopar e corrixir a orixe dos desequilibrios enerxéticos que causan a enfermidade ou malestar.
Terapias para mellorar a saúde e o equilibrio do teu animal
Acupuntura, fitoterapia e dietoterapia chinesa
Este tipo de medicina, cando se aplica en cans e gatos, non só alivia a dor, senón que tamén mellora a súa vitalidade, o seu estado de ánimo e a súa calidade de vida en xeral.
As nosas terapias de MTC inclúen:
- Acupuntura: a través da estimulación de puntos específicos no corpo, restauramos o fluxo de enerxía e promovemos a capacidade de autocuración do animal. É especialmente efectiva para tratar a dor crónica, problemas de mobilidade e trastornos nerviosos.
- Fitoterapia chinesa: utilizamos fórmulas de herbas e plantas medicinais adaptadas a cada paciente para reforzar o sistema inmunitario e apoiar o tratamento de patoloxías crónicas dende o interior.
- Tui-na (Masaxe Chinesa): esta terapia manual axuda a liberar a tensión muscular, mellorar a circulación e reequilibrar a enerxía do corpo, ofrecendo un gran alivio en casos de dor articular e rixidez.
- Dietoterapia chinesa: complementamos os tratamentos con recomendacións nutricionais baseadas nos principios da MTC para axudar a previr enfermidades e fortalecer o organismo.
Cans e gatos. Casos no que a MTC é recomendable
A MTC é un apoio formidable para unha ampla variedade de condicións, dende a dor crónica e os trastornos dixestivos ata a ansiedade e os problemas de comportamento. Traballamos para que o teu compañeiro poida vivir unha vida máis feliz e en harmonía.
Queres saber se a Medicina Tradicional Chinesa pode axudar ao teu can ou gato? Ponte en contacto connosco para unha consulta inicial.
Beneficios da medicina tradicional chinesa
A medicina tradicional chinesa axuda a restaurar a harmonía interna dos animais, aliviando dor, mellorando a enerxía e reforzando o seu benestar de forma segura e natural.