Vivimos polo benestar dos animais

Somos Mónica e Óscar, dous profesionais que unimos fisioterapia, osteopatía e nutrición para mellorar a vida dos vosos compañeiros con afecto, experiencia e dedicación.

A nosa historia

Nas Nosas Mans, profesionais do benestar animal

Mónica é dietista e educadora canina, especializada en nutrición canina e felina e en medicina tradicional chinesa aplicada a pequenos animais. A súa visión integral do benestar axúdanos a comprender a saúde non só dende o movemento, senón tamén dende a alimentación e as emocións.

Óscar é fisioterapeuta e osteópata con case dúas décadas de experiencia en humanos. Hai tres anos decidiu trasladar esa paixón ao mundo animal. O seu obxectivo é devolver a mobilidade, aliviar a dor e mellorar o benestar físico dos cans a través da terapia manual e da osteopatía.

Formación

Fisioterapia, osteopatía e educación canina integral

Hai anos especializámonos en osteopatía canina e desde entón seguimos formándonos para ofrecer un servizo cada vez máis completo.

Ademais da nosa formación académica, contamos con case 20 anos de experiencia no Mushing de alta competición, tanto a nivel nacional como internacional. Esta traxectoria dános unha perspectiva única sobre a prevención, o rendemento e o coidado global dos animais deportistas.

O noso enfoque

Comprometidas co coidado preventivo e o benestar

Aplicamos os nosos coñecementos e a nosa paixón para ofrecer unha abordaxe integral do benestar animal, combinando:

Para nós, os animais non son só o noso traballo: son a nosa vida. Cada día acompañamos a cans e gatos cara a unha vida máis equilibrada, saudable e feliz.

Cremos no poder de coidar con afecto

Cada animal é único, e tamén o xeito de acompañalo. Por iso traballamos con terapias personalizadas que unen corpo, mente e emoción.