O benestar do teu compañeiro peludo nas mellores mans
Mellora a saúde, a mobilidade e a vitalidade dos teus animais con afecto e profesionalidade grazas á terapia manual, á nutrición e á educación personalizadas
Nas Nosas Mans, centro de benestar animal en Galicia
Cunha traxectoria de máis de 15 anos, axudamos aos teus compañeiros peludos a recuperar movemento, enerxía e equilibrio a través de terapias manuais, nutrición e educación adaptadas a cada caso.
Quen somos
Máis de 15 anos de experiencia en benestar animal
Somos Mónica e Óscar, dous profesionais apaixonados que combinamos fisioterapia, osteopatía, nutrición e educación canina para mellorar a vida dos vosos compañeiros.
Cremos nunha forma de traballar onde o coñecemento técnico e o respecto polos animais van da man, acompañando cada caso con sensibilidade e rigor profesional.
Como che axudamos
Un só centro, todas as ferramentas que necesita o teu compañeiro
Un só centro, todas as ferramentas que necesita o teu compañeiro
Educación e modificación da conduta canina moderna
Mellora a comunicación e o vínculo co teu can con métodos baseados no reforzo positivo.
Fisioterapia e osteopatía en pequenos animais
Axudamos a recuperar mobilidade e reducir a dor con tratamentos personalizados.
Mellora do rendemento deportivo humano-can
Preparación física, prevención e recuperación para equipos que queren rendir con harmonía.
Medicina tradicional chinesa en pequenos animais
Equilibrio e saúde natural a través da acupuntura, fitoterapia e dietoterapia chinesa.
Nutrición natural e integrativa animal
A saúde comeza no prato: deseñamos dietas naturais adaptadas a cada animal.
Descubre o noso enfoque holístico integrativo
Tres décadas acumuladas adicándonos ao benestar animal. Combinamos ciencia, experiencia e afecto para ofrecer terapias adaptadas a cada compañeiro.
- Experiencia e formación continua en fisioterapia e osteopatía animal.
- Enfoque integral: corpo, mente e emoción traballan xuntos.
- Trato próximo e respectuoso con cada animal.
- Resultados reais baseados en coidado e confianza.
O benestar do teu animal comeza aquí
Ofrecemos terapias personalizadas en fisioterapia, osteopatía, nutrición e educación canina para mellorar a súa saúde e vitalidade.