POR QUE O MONSTRUO DE FRANKENSTEIN SE MOVÍA RARO

frankenstein

As cicatrices forman parte do proceso natural de curación tras unha cirurxía, unha ferida ou un traumatismo. Porén, cando este proceso non se produce de maneira adecuada, poden aparecer adherencias que afectan non só á pel, senón tamén aos músculos, fascias e incluso aos órganos internos. Estas alteracións poden provocar dor, limitación de movemento e cambios no comportamento do can, moitas veces sen que a causa sexa evidente a simple vista.

Na nosa clínica de fisioterapia canina traballamos para avaliar, tratar e mellorar as consecuencias das cicatrices e adherencias mediante un enfoque integrativo que combina fisioterapia, osteopatía, nutrición, fitoterapia e Medicina Tradicional Chinesa.


Que son as cicatrices e as adherencias?

  • Cicatriz: é o tecido que se forma para reparar unha lesión. Idealmente debería ser flexible, móbil e indolora.
  • Adherencia: aparece cando ese tecido cicatricial perde elasticidade e queda “pegado” ás estruturas veciñas (músculos, fascias, nervios), limitando o seu movemento natural.

As adherencias non sempre se ven desde fóra, pero poden alterar de forma significativa a biomecánica do corpo do can.


Que problemas poden causar?

As cicatrices patolóxicas e as adherencias poden provocar:

  • Dor crónica ou molestias persistentes
  • Rixidez e perda de mobilidade articular
  • Coxeiras intermitentes ou cambios na marcha
  • Compensacións posturais que sobrecargan outras zonas
  • Diminución do rendemento deportivo
  • Cambios de carácter: irritabilidade, apatía ou rexeitamento ao contacto
  • Problemas dixestivos ou respiratorios (en cicatrices profundas ou abdominais)

Moitas veces estes síntomas aparecen meses ou anos despois da cirurxía ou lesión, o que dificulta relacionar o problema coa cicatriz.


Que lle pasaba o pobre monstruo?

Este tiña cicatrices na maior parte do seu corpo, polo tanto molestias, limitacións de movemento e rixideces articulares por toda a súa estrutura, co tempo xeraría compensacións posturais co que os seus movementos estarían inda máis restrinxidos e con todo isto xa nos podemos imaxinar por que sempre estaba de mal  humor. Está claro que necesitaba un bo terapeuta que lle houbese axudado a mellorar a súa calidade de vida.

El non o tivo pero o teu can non ten por que pasarlle o mesmo, existen multitude de terapias e ferramentas que lle poden axudar, o importante é que te des de conta de por que el necesita axuda.

Como pode axudar a fisioterapia canina?

A fisioterapia é fundamental para recuperar a mobilidade do tecido e reducir a dor. No noso traballo empregamos:

  • Terapia manual específica para mobilizar cicatrices
  • Técnicas miofasciais para liberar adherencias profundas
  • Exercicios terapéuticos personalizados
  • Electroterapia, magnetoterapia ou outras técnicas físicas cando está indicado

Un tratamento precoz mellora moito o prognóstico, pero incluso cicatrices antigas poden beneficiarse dun abordaxe adecuado.


Osteopatía: tratar o corpo como un todo

Desde a osteopatía avaliamos como unha cicatriz afecta ao equilibrio global do corpo. Unha pequena restrición pode provocar compensacións a distancia, por exemplo na columna ou nas extremidades.

A través de técnicas suaves buscamos:

  • Restaurar a mobilidade dos tecidos
  • Mellorar a circulación e a función neurolóxica
  • Axudar ao corpo a autorregularse

Fitoterapia: apoio natural á recuperación

A fitoterapia pode ser unha excelente aliada para:

  • Reducir inflamación
  • Mellorar a calidade do tecido cicatricial
  • Apoiar procesos de dor crónica

Sempre empregada de forma individualizada e segura, adaptada ás necesidades de cada can.


Medicina Tradicional Chinesa: equilibrio e fluxo enerxético

Segundo a Medicina Tradicional Chinesa, as cicatrices poden bloquear o fluxo de enerxía (Qi) e sangue, afectando a distintos meridianos.

Mediante:

  • Acupuntura
  • Moxibustión
  • Dixitopuntura
  • Tui Na
  • Técnicas complementarias

buscamos liberar bloqueos, reducir a dor e mellorar o benestar xeral do animal, tanto a nivel físico como emocional.


Un enfoque integrativo e personalizado

Cada can é único, e tamén o é a súa historia clínica. Por iso apostamos por un tratamento integrativo, adaptado a cada caso, combinando diferentes terapias para obter os mellores resultados posibles.

Se o teu can foi operado, tivo unha lesión ou notas cambios na súa mobilidade ou comportamento, avaliar as cicatrices pode ser clave para mellorar a súa calidade de vida.