Fisioterapia e osteopatía para cans e gatos
O movemento é vida, tamén para o teu compañeiro
No noso traballo diario cremos firmemente que a fisioterapia e a osteopatía son ferramentas esenciais para garantir o benestar e a calidade de vida dos nosos compañeiros de catro patas.
Estas disciplinas non só axudan na recuperación de lesións, senón que tamén preveñen problemas futuros e melloran a mobilidade e o confort en animais de todas as idades.
Recuperación de lesións e mobilidade en cans e gatos
Que é a Fisioterapia en animais
A fisioterapia animal utiliza diferentes técnicas para tratar lesións musculoesqueléticas, neurolóxicas e postcirúrxicas, co obxectivo de reducir a dor, mellorar a forza muscular e acelerar a recuperación.
Principais tratamentos que empregamos:
- Terapia manual: masaxes, estiramentos, mobilizacións articulares, puntos gatillo e drenaxe linfática.
- Exercicios terapéuticos: programas adaptados para fortalecer músculos e mellorar a coordinación.
- Axentes físicos e aparatoloxía: TENS, EMS, termoterapia, crioterapia, magnetoterapia, radiofrecuencia e hidroterapia.
- Fisioterapia respiratoria: para mellorar a función pulmonar e o benestar xeral.
Terapias manuais e rehabilitación para animais
Que é a Osteopatía en animais
A osteopatía é unha disciplina holística que se centra na relación entre a estrutura do corpo e o seu funcionamento.
Traballamos sobre o sistema musculoesquelético, os tecidos brandos e incluso os órganos, buscando restricións de mobilidade que afectan ao equilibrio xeral do corpo.
Mediante manipulacións suaves e precisas, restablecemos o movemento natural e axudamos ao corpo a activar os seus propios mecanismos de autocuración.
Cando son recomendables a Fisioterapia e a Osteopatía
Ambos tratamentos resultan beneficiosos en múltiples situacións, como:
- Recuperación postcirúrxica.
- Artrose, displasia de cadeira ou cóbado.
- Dor crónica ou perda de mobilidade en cans senior.
- Parálises ou patoloxías neurolóxicas.
- Mellora do rendemento en cans deportistas.
- Como apoio preventivo para manter saúde e equilibrio.
- Lesións musculares ou de tendóns (escordaduras, contracturas…).
Solicita unha avaliación fisioterapéutica
Melloramos a mobilidade, reducimos a dor e previmos lesións con tratamentos personalizados baseados na fisioterapia e a osteoterapia especializadas en pequenos animais.