Nutrición natural e integrativa para cans e gatos

A saúde comeza no prato

A alimentación é a base da saúde e o benestar dos nosos compañeiros. No nosos enfoque, a nutrición vai máis alá de encher o comedoiro; trata de entender as necesidades específicas de cada can e gato para que poidan vivir unha vida plena e saudable.

A nosa metodoloxía é integral e profunda. Para nós, a clave é a avaliación en profundidade: analizamos os desequilibrios dende a fisioloxía e o terreo mediante unha anamnese nutricional completa e unha avaliación do estado nutricional do animal.

Alimentación adaptada ás necesidades de cada animal

Como traballamos

Con esta información, formulamos dietas naturais personalizadas, seleccionando coidadosamente ingredientes funcionais e alimentos adaptados a cada animal e ás súas necesidades concretas. O noso obxectivo é ir á orixe dos problemas de saúde, utilizando a comida como a súa primeira medicina.

Avaliación completa

Dieta personalizada

Seguimento continuo

Dietas naturais e complementos funcionais

Potencia a súa saúde

Integramos suplementos naturais con evidencia científica para mellorar os resultados das dietas e favorecer a recuperación:

Axudamos a mellorar a calidade de vida dos animais

Tamén acompañamos animais sans que simplemente queren mellorar o seu benestar, enerxía e prevención.

Avaliación nutricional para o teu animal

Creamos plans de nutrición natural e integrativa adaptados a cada animal, combinando ciencia, experiencia e alimentos reais para mellorar a súa saúde e vitalidade dende dentro.